Un xuíz decidirá en novembro a sanción ó Lembranza

     VILAGARCÍA> O propietario presentou un recurso contencioso contra o concello ó considerar excesivas as multas

    {flowplayer}images/salnes/AperturaLembranza_280213.flv{/flowplayer} 

    O Lembranza non terá que pechar durante todo o mes de marzo. A sanción ven de ser suspendida de xeito cautelar á espera de que o xulgado do contencioso ó que recurríu o propietario do bar, celebre a vista. E iso non terá lugar ata o mes de novembro.

    O maxistrado que dirixe o caso interesouse pola opinión do alcalde ante unha posible paralización da orde de peche. O rexedor non puxo obxección algunha e así as cousas a clausura de 30 días que tiña que dar comezo mañá, queda en suspenso. 

    O Lembranza foi o único dos establecemetnos sancionados que decidiu recurrir á vía xudicial para resolver este problema. O resto, deberán poñer o peche mañá, aínda que por un período de tempo moito menor. O alcalde agarda que estes problemas non se volven a producir na festa deste agosto. 

    O responsable da vinoteca Lembranza continúa sen querer facer declaracións públicas e deixa o caso en mans do seu avogado. A sanción agora aprazada, permitiralle permanecer aberto durante unha datas prolíficas para o seu negocio como as de Semana Santa, pero se a resolución do caso sae na súa contra, podería verse obrigado a realizar o peche nas vindeiras festas de Nadal.

    Redacción Salnés