Boiro retoma as obras do Club de Remo de Cabo de Cruz

BOIRO> A actuación, que levaba paralizada dende o pasado mes de maio por falla de financiamento, incluirá os acabados finais do inmoble e a urbanización da zona exterior.

O alcalde, Xosé Ramón Romero, informou do reinicio das obras no Club de Remo Cabo de Cruz, unha vez que o pleno da corporación aprobou unha modificación de crédito, por importe de preto dos 336 mil euros, para o seu financiamento, e poder así rematar a edificación.

Segundo indicou o rexedor, o proxecto inicial sufriu diversas modificacións para adaptar a instalación ás necesidades dos propios remeiros.

Segundo el virá a dar resposta a unha necesidade do Club de Remo Cabo de Cruz, que despois de moitos anos agardando, terá unhas instalacións modernas e totalmente equipada, á altura do que realmente se merecen.

O alcalde confía en que o futuro complexo deportivo poida entrar xa en funcionamento no mes de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí