Gonzalo Pita non está de acordo con que a Xunta de Compensación de Nantes pida unha indemnización

    SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización. Gonzalo Pita e os seus socios de goberno non están de acordo co anuncio por parte do Consello Rector do Polígono de Nantes, da posibilidade de solicitar unha indemnización de 16 millóns de euros, polos cartos que investiron no polígono. Pita trasladou a estes o seu malestar e afirmou que o polígono ten plenas posibilidades de desenrolo. A intención do goberno da vila, tal e como explicou Gonzalo Pita, é a de continuar traballando para recepcionar o polígono industrial. O que segundo Gonzalo Pita non poden tolerar dende o concello e que se fale de “inacción” no traballo dos dous último anos. Unhas declaracións que o tripartito de Sanxenxo fixo en rolda de prensa despois de manter unha reunión cos integrantes da Xunta de Compensación do Polígono de Nantes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/poligono_concello_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/20/poligono_concello_sanxenxo.mp4{/flowplayer}