Lea entre Concello, Deputación e Eulen polo servicio de teleasistencia

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra asume o custe íntegro do servicio de teleasistencia que de agora en diante…

    {flowplayer}images/salnes/servizo_teleasistencia_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … será prestado pola Cruz Vermella. Así, o Consistorio aportará uns 10.000 euros anuais para prestar este axuda a uns vinte beneficiarios que hai arestora acollidos ó mesmo e que seguirán recibíndoo de balde.

    Esta solución tardou dous meses en chegar logo de que a Deputación de Pontevedra dese por rematado o anterior convenio que mantiña co Inserso e con este Concello para a prestación desta asistencia por medio da empresa Eulen.

    O Concello pontevedrés argumenta que en ningún caso tivo comunicación directa por parte do ente provincial. Só a empresa tivo a intención de darlle explicacións. Unhas razóns que eles rexeitaron oír por non seren os encargados de executar o contrato, xa que só se limitaban a achegar o 33 % do seu custe.

    A día de hoxe o Consistorio da Capital de Provincia denuncia as formas nas que está a actuar a empresa Eulen, intentando cobrar dos usuarios o servicio que prestan e que non se lles paga; a razón de 25 euros ó mes. A edil de Benestar social apunta que Eulen podería estar a facerlle o traballo sucio á Deputación.

    Carmen Fouces pon en tea de xuízo as accións desta empresa nacional por ter no seu organigrama a alguén tan influínte como pode ser a irmá do presidente da Xunta de Galicia. Outra das partes implicadas, a Deputación de Pontevedra, asegura descoñecer as prácticas dunha empresa da que fai un par de meses da que están desvencellados nesta cidade.

    Aclaran tamén que non houbo engano algún pola súa parte posto que a súa decisión de rescindir este tipo de servicios nos grandes Concellos para liberar recursos cos que axudar ós de menor poboación xa foi feita pública fai tempo.

    Desde o Concello de Pontevedra, a Edil de Benestar anunciou que ían a analizar as posibles medidas a adoptar para procurar que se respecte ó Goberno Municipal, tanto desde a empresa que prestaba este servicio como destoutra administración implicadas no convenio.

    Redacción Salnés