Gallego entrega os avais para optar presidir o PP de Vilagarcía

    VILAGARCIA> Alfonso González Gallego entregou este venres os avais necesarios para poder presentarse o X Congreso Local do PP en Vilagarcía, que terá lugar este domingo. O X Congreso Local do Partido Popular en Vilagarcía celebrarase o vindeiro domingo. Por iso este venres o único candidato a presidir a formación na vila, Alfonso González Gallego entregou na sede do PP, este venres, os avais necesarios para presidilo partido na vila. Gallego fixo un chamamento aos militantes do PP vilagarciáns a formar parte do acto do domingo. Despois de reunirse con unha boa parte dos afiliados do partido no municipio, Gallego entregou os avais ao presidente do Comité Organizador do Congreso, Juan Carlos Maneiro Cadillo. Alfonso González conta con máis do dobre de avais necesarios para poder aspirar a presidencia do partido na vila. O domingo quedará conformada a Mesa do Congreso cos seguintes cargos: a presidenta será Elena Súarez Sarmiento; o vicepresidente, Manuel Méndez Varela; a secretaria Beatriz González Lorooño; o primeiro vocal, Jesús Pérez Arca e o segundo vocal Juan Andrés Bayón Rolo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/pp_villa_entrega_avales_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/12/pp_villa_entrega_avales.mp4{/flowplayer}