PORTO DO SON> O peixe incautado polo Servizo Marítimo da Garda Civil, xunto con gardacostas da Xunta, uns 244 quilos de sardiña, correspondía a un exceso de capturas no cupo diario da embarcación.
Os axentes, nun control rutineiro que estaban realizando, observaron como dende o barco se descargaban varias caixas directamente a un camión, sen pasar por lonxa.
Ó realizar as correspondentes comprobacións decatáronse de que as ditas capturas non figuraban rexistradas no DEA da embarcación polo que procederon á tramitación das actas de denuncia por supostas infraccións á Lei de Pesca de Galicia.
O peixe comisado foi enviado ó banco de alimentos de Santiago.











