Rianxo homenaxeará os falecidos no mar

    RIANXO> Como xa é tradición cada un de maio, o pobo de Rianxo homenaxeará ós falecidos no mar. Ás once e media da mañá arrancarán ós actos do Día das Xentes do Mar coa Ofrenda floral no parque Galicia seguida da misa de campaña que terá lugar na capela de San Bartolomeu. A continuación realizarase a tradicional ofrenda marítima. Xa pola tarde, desenvolverase un festival de música e baile tradicional coas actuacións de Río do Anxo, Aleivosía e Os Perucos, na praza Rafael Dieste. Tamén, a partir das catro da tarde, desenvolverase a festa de fin de ciclo da escola de música con xogos e obradoiros para os cativos e concertos, no lugar do Souto en Isorna.