Preocupa o estado do golfiño ‘Manoliño’ que apareceu cun arpón cravado no costado

OUTES> Este vídeo gravado por un turistas no porto do Freixo, en Outes, no que se aprecia ó golfiño ‘Manoliño’ cun arpón cravado no costado foi o que levantou as alarmas.

Eles mesmos deron aviso ó 112 que alertou á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.

Dende a entidade informaron de que a o arpón parece estar superficial, o que lle permite seguir nadando igualmente.

A pesar diso, dende a Cemma aseguran que manterán o seguimento do golfiño mentres se avalían as accións que se poden realizar e ver as posibilidades de poder retirarllo.

Si insisten na necesidade de non achegarse ó cetáceo e moito menos que intenten retirarlle o arpón.

As imaxes do cetáceo ferido  rapidamente se fixeron virais polas redes, nas que non faltaron mensaxes de repulsa ó posible ou posibles autores da agresión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí