Os bombeiros de Pontevedra celebran o día do seu patrón

     PONTEVEDRA> O 8 de marzo é o día do seu patrón, San Juan de Dios. No propio parque de bombeiros celebrouse o acto institucional onde estiveron presentes membros da corporación local

    {flowplayer}images/salnes/DiaBombeiros_080313.flv{/flowplayer} 

    En torno á unha da tarde facían entrada no parque e a golpe de sirena os vehículos e camións dos bombeiros, despois de facer un pequeno percorrido pola cidade. Non había motivo para o sobresalto, tratábase dos festexos polo día do seu patrón: 8 e marzo, San Juan de Dios.

    Dentro, no parque, agardaba xa a comitiva institucional, con representantes dos corpos e forzas de seguridade do estado, así como membros da corporación municipal: o socialista Antón Louro, o popular Jacobo Moreira, así como o alcalde nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que tivo unhas verbas de agradecemento ós bombeiros pola inestimable labor que desenvolven na cidade.

    O Xefe de Bombeiros José Manuel Torres, tamén tomou a palabra e aproveitou a ocasión para facer un chamamento á unidade e á colaboración entre as forzas de seguridade. Ademais, fixo entrega dunha placa conmemorativa á empresa de autobuses Cuíña, pola súa colaboración durante anos co parque de bombeiros pontevedrés.

    Redacción Salnés