A POBRA> O Conselleiro do Mar visitou esta mañá as Ecocabanas Rías Baixas na Pobra. Este aloxamento de turismo sostible contou cunha subvención dos GALP para poñer en marcha este complexo baseado na arquitectura bioclimática.
Un encrave natural único sobre a ría de Arousa e a aposta pola sostibilidade a través da arquitectura bioclimática fan das Ecocabanas Rías Baixas un destino ideal para conectar coa natureza. Este complexo, situado na Pobra do Caramiñal, consta de 6 cabanas elaboradas a base de cedro e madeira reciclada de bateas perfectamente integradas no medio natural e sen apenas pegada enerxética.
As Ecocabanas contaron para a súa posta en marcha cunha subvención dos GALP Ría de Arousa que viron neste proxecto a os valores do Plan de Cultura Marítima de Galicia.
A convocatoria deste ano dos GALP conta con 20 millóns de euros, o orzamento máis alto dende a súa creación.











