Complicado rescate no Tambre a un sendeirista que caeu por un barranco

NOIA> Pasadas as seis da tarde, o 112 recibía o aviso dun accidente na contorna do río Tambre.

Un home duns corenta anos caera dunha altura duns nove metros mentres practicaba escalada nunha zona de difícil acceso.

Ata o lugar desprazáronse varias dotacións dos bombeiros de Boiro e Ribeira, o GES de Noia, Policía Local, Garda Civil e unha ambulancia do 061.

Cando chegaron á zona os bombeiros, o  home, xa estaba a ser atendido polo persoal sanitario, queixándose dun forte golpe na zona lumbar.

Unha vez inmobilizado, o ferido foi trasladado en padiola polos servizos de emerxencia.

Un operativo complicado que se prolongou máis dunha hora debido ás dificultades orográficas do terreo.

Nos últimos anos este tipo de accidentes están a ser máis frecuentes do habitual, polo que os equipos de emerxencias recomendan extremar as precaucións, para evitar, na medida do posible, estes incidentes.