Pontevedra incrementa o 30 % o custe da grúa para os infractores

     PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra vai a subir en breve o custe do servicio do guindastre para os infractores.

    {flowplayer}images/salnes/economia_ponte_120313.flv{/flowplayer}

    Se ate o de agora lle levaba o coche a grúa tiñan que abonar uns 86,52 euros, en dous meses que entrará en vigor a nova tarifa, o custe será de 115 euros para os vehículos lixeiros; tendo que abonar a maiores un euro por cada hora de tardanza en retirado do depósito municipal, cun máximo de 10 euros diarios. Logo, cada día a maiores, suporá un sobre custe de trinta euros. No caso de só ter que abonar o enganche o prezo sería a metade do total; uns 57.5 euros por un turismo.

    Estas cifras varían dependendo do tipo de vehículo; a normativa contempla outros prezos segundo o tipo e peso de vehículos cifrando, por exemplo, en 55 euros a recollida de ciclomotores e en 15 euros a de bicicletas.

    A novidade ca nova empresa concesionaria é que esta se verá obrigada a aceptar pagos con tarxeta de crédito tanto no propio guindastre no momento do enganche como no propio depósito municipal, co que non será mester levar efectivo enriba.

    Os trámites de aprobación en pleno e publicidade destas novas taxas propiciaran que entren en vigor no prazo duns dous meses.

    Nesta vindeira sesión plenaria darase conta tamén dos puntos nos que se van a investir o remanente líquido de tesourería do Concello de Pontevedra cifrado en 3.630.000 euros. Uns cartos que serán destinados no seu 90 % a inversión e no seu 10 % gasto corrente e financeiro.

    Redacción Salnés