![]()
O GROVE> Trala primeira fin de semana, o balance non puido ser máis positivo: locais cheos e existencias esgotadas en apenas unhas horas
{flowplayer}images/salnes/ConcursoPinchosGrove_120313.flv{/flowplayer}
O concurso xa superou tódalas expectativas cando aínda quedan doce días, ata o 24 de marzo, para que poña o peche. Nel participan nove establecementos que presentan dous pinchos cada un, a un prezo unificado de 1,5 euros.
O venres comezaba a experiencia e o venres remataron existencias en tódolos locais. O organizador ActivaOgrobe e os donos dos establecementos no agardaban este éxito que case os desborda.
Trala primeira fin de semana tocou repoñer existencias e aínda que durante os días laborais o consumo baixa, agardan un novo repunte para venres, sábado e domingo. Máis alá da oferta gastronómica, a cantidade de eventos culturais e a posibilidade de entrar no sorteo de suculentos agasallos polo mero feito de tomar un pincho, danlle a este concurso un valor engadido.
No concurso de pinchos participan o Balcón, Taberna do Salitre, Casa Abel, A Tapería, Rúa Vella, Almacén do Avó, Lagar da Pratería, Rincón do Norat e Misturas, este último a onde acudimos hoxe para que nos presenten os seus dous pinchos.
Un xurado profesional e os propios clientes valorarán que pincho se leva o primeiro premio desta edición.
Redacción Salnés







