O Concello de Poio entrega unha piragua C2 ao dúo Vallejo-Sieiro

POIO> O Concello de Poio facía entrega hoxe dunha piragua C2 ao equipo do Club Piragüismo Poio formado por Adrián Sieiro e Sergio Vallejo. A parella ven de loitar por facerse cun posto para o preolímpico e auguran que con recursos coma estes a vindeira ocasión será a definitiva.

 

Sergio Vallejo convertiuse no primeiro palista poiense en conseguir chegar a unha final en ambarcación individual nun campionato do mundo. Xunto co seu compeñeiro, Adrián Sieiro e con menos dun ano de traballo en equipo, xa forman un tandem perfectamente compenetrado. Foron campións de España e veñen de quedar segundos no pase ao preolímpico de Duisburgo.

Hoxe ambos recibían de mans da edil de deportes do concello de Poio unha piragua para C2, cun custe aproximado de 2.500 euros, que lles servirá para facerse coa praza na vindeira ocasión, algo que non dubida o presidente do seu club.

Dende o Concello pretenden seguir apoiando a un deporte moi arraigado no municipio e facilitando os recursos que sexan necesarios para traer máis éxitos á zona da man dos deportistas locais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/entrega_piragua_poio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/16/entrega_piragua_poio.mp4{/flowplayer}