Detido un veciño de Ribeira por tráfico de drogas

RIBEIRA> A Policía Nacional de Ribeira detivo a un veciño da localidade de 33 anos por un presunto delito de tráfico de drogas. Nun control rutineiro os axentes interceptárono no se vehículo, onde lle interviñeron, ocultos en diferentes habitáculos, 120 envoltorios termoselados de cocaína e 48 de heroína, así como un teléfono móbil.

Ó prendido cónstanlle ademais varios antecedentes por feitos similares. Xa pasou a disposición do Xulgado de Instrución número Dous de Ribeira, en funcións de garda.