Flores de tempada para revitalizar o comercio noiés

NOIA> O concello de Noia, en colaboración con Noia Histórica e a asociación A Misela, vén de poñer en marcha unha campaña de decoración das principais rúas comerciais. Flores de tempada e elementos decorativos intégranse neste ‘Noia florece’ que ten por obxectivo dinamizar o comercio local.

Así de fermosas locen as rúas comerciais de Noia trala posta en marcha da campaña ‘Noia florece’ para dinamizar o tecido económico da vila. Flores de tempada na entrada dos locais así como en varios puntos estratéxicos do casco histórico para facer aínda máis atractiva a visita a estas zonas.

Ademais da vertente económica, esta campaña ten tamén un fondo social posto que foron os usuarios da Misela os encargados de elaborar os elementos decorativos con plástico reciclado o que supón tamén unha aposta pola mellora do Medio Ambiente.

O alcalde fixo tamén un chamamento á veciñanza para que se respecte o mobiliario urbano posto que, a pesar da boa acollida desta campaña, xa se produciron actos vandálicos nalgunhas das xardineiras instaladas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí