VILAGARCIA> Cáritas interparroquial Arousa presenta o seu vixésimo quinto concerto solidario. A cita terá lugar o sábado tres e contará con artistas como Arousa Bay, Loli Crespo ou Iria Caamaño. O seu prezo será de 5 euros que irán destinados a axudar á ONG.
O concerto solidario de Cáritas interparroquial Arousa cumpre un cuarto de século. A ONG organizará o vindeiro sábado 3 de decembro a súa 25 edición. Un evento que comezou con agrupacións locais e que nesta edición contará con grupos consagrados na comunidade.
O prezo da entrada é de 5 euros. Unha doazón que permitirá axudar á ONG coas súas labores durante o nadal.
A ONG continúa crecendo e mellorando os seus espazos grazas á doazón da xente. A nova instalación estará lista en 6 meses e permitirá ampliar atención de Cáritas aos máis necesitados.
As labores de Cáritas amplíanse durante estas datas, especialmente nun ano no que cada vez son máis persoas as que necesitan axuda. A ONG xa comezou as campañas de recollida de alimentos e de roupa de cara as festas de nadal.