O BNG de Meis insiste en que non existe un proxecto para o parque acuático

MEIS> O BNG de Meis denuncia que o parque acuático é unha estafa. A formación presentou hoxe ós medios a documentación oficial do concello que, segundo aseguran, corroboraría que o proxecto anunciado polo rexedor nunca foi posible. Acusan a José Luis Pérez de vender fume aos veciños.

O BNG de Meis insiste: nunca existiu un proxecto real para a construción dun parque acuático no concello.

Os nacionalistas presentaron esta mañá ante os medios documentación relativa aos trámites realizados polo goberno local na Xunta de Galicia. Aseguran que nas xestións feitas non se fai referencia á construción dun parque acuático. Tampouco coincidirían as datas.

Por iso acusan ao goberno local de empregar a construción do parque acuático como ferramenta electoral, prometendo aos veciños a creación de postos de traballo.

Segundo o BNG, o proxecto para o futuro parque empresarial no polígono de Meis presentado polo goberno tampouco é unha realidade. Aseguran que pediron facturas sobre o traballo realizado ata o de agora que non lles foron entregadas.

Comments are closed.