O novo director xeral de Discapacidade visita A Creba e A Misela

NOIA> O novo Director Xeral de Discapacidade e Maiores visitou as instalacións da asociación pro saúde mental A Creba en Noia. Ildefonso de la Campa destacou a necesidade de fomentar a coordinación entre administracións para favorecer a integración e visibilidade deste colectivo. Con esta visita, unha das primeiras dende que tomara posesión do cargo, o Director Xeral de Discapacidade e Maiores quixo coñecer de primeira man as necesidade da asociación A Creba, unha entidade que presta servizo a persoas con problemas de saúde mental en toda a comarca de Muros Noia. Na súa visita ó centro, o secretario xeral comprobou os traballos que realizan os usuarios nos distintos talleres ocupacionais e escoitou, da man do presidente da asociación, as positivas experiencias a través da posta en marcha de vivendas tuteladas. Acompañado do alcalde de Noia, Santiago Freire, destacaron a importancia da coordinación entre distintas administracións para dar visibilidade ás persoas con problemas de saúde mental.Tralo seu paso pola Creba, realizaron tamén unha visita ás instalacións da asociación A Misela.