A oposición de Sanxenxo rexeita un novo crédito de 5,4 millóns de euros

    telmoplenosanxenxo_100_310506.jpgSANXENXO > Urbanismo e economía foron os principais aspectos tratados no pleno de Sanxenxo. A situación das arcas municipais foi un dos asuntos que máis críticas espertou na oposición. A debate levouse unha operación de crédito de 5,4 millóns de euros que pedirá o Concello e que aumentará a débeda ata un 94 por cento. PSOE e BNG votaron en contra.

    bngplenosanxenxo_200_310506.jpgOs nacionalistas botáronlle en cara ó alcalde que se pida este préstamo cando os dereitos de difícil crédito do Concello ascenden a sete millóns de euros. Consideran ademais importante a cantidade que se solicitará. O alcalde asegurou que con este crédito o endebedamento se sitúa ó 93 por cento, 17 puntos por debaixo do 110 por cento que permite a lei, polo que non entende as críticas. Para Telmo Martín a saúde financeira de Sanxenxo é boa e sinalou que os créditos no concello se solicitaron para investimentos e non para pagar nóminas. Este novo crédito situará as arcas do concello nunha situación de desequilibrio e para corrixila aprobouse, cos votos de PP e BNG, un Plan Económico Financeiro para as vindeiras tres anualidades.

    dulcineaplenosanxenxo_200_310506.jpgEn canto a urbanismo, o PXOM volveu ser motivo de discrepancia entre goberno e oposición. Na modificación puntual número 2 para definir os tramos da fachada marítima, houbo unanimidade, pero o PSOE pediu a anulación das licenzas concedidas desde a entrada en vigor da Lei de Costas de 2002. Algo que foi duramente reprochado polo alcalde. O pleno aprobou de forma definitiva catro bolsas de solo, ubicadas en Vilalonga, Portonovo e Sanxenxo, que supoñen para o concello a obtención de preto de 126 mil metros cadrados de cesións públicas. Asemade saíu adiante a aprobación inicial da memoria e os estatutos de Ínsula Sanxenxo, que xestionará a vivenda e o solo. BNG abstívose para poder presentar alegacións e o PSOE pediu que quedase enriba da mesa. O PP tamén fixo valer a súa maioría para seguir adiante co recursos contra o informe da Xunta sobre a ronda.

    Redacción Salnés