Aumentan as adegas que aposta polo mercado internacional

    O SALNÉS> O mercado internacional tamén é fonde moitas alegrías para a Denominación de Orixe Rías Baixas. De feito, cada vez máis adegas lánzanse á aventura exterior.

     

    Nunhas semanas, o Consello Regulador presentará os datos de exportación deste exercicio. Non adiantan cifras concretas, pero si que son cifras moi boas. A presenza dos Rías Baixas aumenta nos mercados exteriores, con Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña á cabeza. Ademais, xa pensan en novas conquistas.

    Segundo Huidobro, estes datos son máis que positivos. O pequeno tamaño da gran maioría das adegas de Rías Baixas non influíu en que se lanzaran á conquista doutros mercados.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/exportacions_rias_baixas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/28/exportacions_rias_baixas.mp4{/flowplayer}