A Fundación Manolo Paz difundirase en ARCO

    CAMBADOS> A Fundación Manolo Paz aposta pola proxección internacional. O artista cambadés levará hasta a Feira Internacional ARCO, en Madrid, o seu arte. O singular espazo cambadés estará presente nesta feira a través de numeroso material divulgativo, editado pola Deputación de Pontevedra. No ano 1985, Manolo Paz, viaxaba ata Madrid para participar por primeira ven na Feira Internacional de ARCO. Pois agora algo máis de 30 anos despois, volve a un espazo, no que, este artista cambadés, pretende difundir, un pouco máis si cabe o seu legado. A Fundación Manolo Paz estará en Madrid mediante diverso material informativo editado pola Deputación de Pontevedra. O deputado de Cultura, Xosé Leal, afirmou na súa estadía no espazo cambadés, que lle gustaría, que neste Ano do Patrimonio, e no que ademais Cambados é Capital Europea do Viño 2017, tamén fora recoñecida como capital da arte contemporánea. A Fundación manolo Paz, foi creada no 2010 a partir dunha leira rural na que o escritor tiña o seu obradoiro de traballo. Na actualidade constitúe un “diálogo” entre a arte e o paisaxe. Este singular espazo estará presente en ARCO do 22 ao 26 de febreiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/visita_fundacion_manolo_paz_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/20/visita_fundacion_manolo_paz.mp4{/flowplayer}