PORTO DO SON> Xa hai data oficial para a Sin-Son 10k. Será finalmente o vindeiro 22 de decembro.
A proba, que chega este ano a súa décimo terceira edición, foi presentada esta mañá nun acto que contou coa participación do alcalde, Luís Oujo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo Blanco.
Entre as novidades deste ano atopamos a aposta que se fai dende a organización polo deporte inclusivo, incluíndo tamén, este domingo 5 de decembro, a partir das once da mañá, da Sin-Son School, unha xornada de ocio e deporte entre os colexios do municipio.
A día de hoxe a falla aínda de varias semanas para o peche das inscricións xa hai preto dos 1.400 atletas inscritos, entre os que se atopa o propio Adrián Ben, que este ano volverá a apadriñar a proba.
Como é costume o sábado previo á carreira volverá a celebrarse a feira do corredor e as probas para escolares e persoas con diversidade funcional.
Dende a organización quixo agradecer o apoio e colaboración de numerosas empresas e tamén ó equipo de voluntarios, xa que sen a súa axuda sería case imposible poder celebrala.
As inscricións na proba poderán realizarse a través de emesports ou na propia web oficial da carreira: www.sin-son10k.com.







