O alcalde de Porto do Son contrario ao peche da praia da Ornanda

PORTO DO SON> O rexedor responde así á solicitude da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños que pretendía o peche do areal para evitar a interatuación dos bañistas co arroaz ‘Confi’. Segundo o rexedor esta medida tampouco resolvería o problema.

A principios da tempada estival o Concello instalou no areal uns carteis nos que se advirte de non interatuar co golfiño. Mais a maioría dos bañistas fan caso omiso a estas recomendacións. Por esta razón o rexedor volve a incidir na necesidade de que os usuarios do areal non se acheguen ó animal.