Os traballadores da limpeza na Xunta tamén se mobilizan

     PONTEVEDRA> Dous novos despedimentos improcedentes veñen de ser a pinga que esgotou a paciencia dos empregados de Limpisa- Grupo Norte,…

    {flowplayer}images/salnes/protesta_limpisa_040413.flv{/flowplayer}

     … a empresa encargada da limpeza de tódolos edificios administrativos que a Xunta de Galicia ten na nosa Comunidade, así como da Casa Galega en Madrid.

    Estes feitos súmanse á reducción continuada da plantilla que a día de hoxe neste edificio da Xunta en Pontevedra componse de 18 persoas en quenda parciais para un edificio ben amplo de nove andares. Amais, desde o pasado mes de maio cando a empresa Limpisa se fixo con esta concesión non se foron cubrindo as xubilacións, incentiváronse as baixas e mesmo se procedeu a despidos sen causas obxectivas, segundo os sindicatos. Os sindicalistas entenden que os despedimentos destas dúas últimas compañeiras non teñen unha xustificación real co que, máis aló da correspondente denuncia, van a continuar ca xeira de mobilizacións máis aló do verán.

    Aínda en Pontevedra pero no eido municipal, o comité de empresa e representantes da empresa concesionaria do servicio de limpeza viaria e recollida do lixo Cespa veñen de asinar un preacordo do que aínda non se deu a coñecer o contido, pero que de ser ratificado este venres, desconvocaría unha xeira de mobilizacións e xornadas de folgas; co serio problema que suporía para a cidadanía.

    Redacción Salnés