Porto do Son prepárase para acoller a cuarta edición do Rompetiño Jump

PORTO DO SON> A cita, con actividades para tódolos públicos e idades, terá lugar a próxima fin de semana, do 5 ó 7 de xullo.

Este mediodía presentábase en Porto do Son a cuarta edición do Rompetiño Jump 2019. Unha das citas máis agardadas do calendario festivaleiro non só da comarca do Barbanza senón tamén de toda Galicia. A cita será do 5 ó 7 de xullo na explanada portuaria da localidade.

A organización ten preparado este ano un amplo cartel de actividades do máis variado con música en directo, exhibicións, obradoiros, talleres…a finalidade non é outra que converter esa fin de semana a Porto do Son no referente da cultura urbana en Galicia.

Dende o Concello destacaron a importancia deste festival que co paso dos anos está a adquirir maior protagonismo e importancia.

Dende a organización agardan superar as cifras de participantes do pasado ano, que se situou ó redor das quince mil persoas.