![]()
RIANXO> O rexedor solicitará, a través do grupo parlamentario do BNG, información dos trámites realizados pola Xunta para conseguir esta catalogación para o xacemento.
{flowplayer}barbanza/alcalderianxobicoscampinhos.flv{/flowplayer}
Hai xa varios anos a Xunta anunciaba a declaración de Ben de Interese Cultural para as mámoas dos campiños na parroquia de Leiro, xunto con outros monumentos patrimoniais. Dende aquela nada se sabe ó respecto, polo que o alcalde, Adolfo Muíños, ten intención de trasladarlle ós seus compañeiros do grupo parlamentario do BNG este asunto para que a Xunta dea unha resposta sobre os pasos dados ata para completar esta catalogación que garantirá un correcto mantemento deste importante xacemento arqueolóxico.
Posta en valor
Mentres tanto, e á espera dunha resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio, o executivo rianxeiro está a levar a cabo a posta en valor do entorno destas mámoas, como tamén doutras zonas do concello cun alto valor arqueolóxico como poden ser as áreas dos Mouchos ou Foxa Vella.
Redacción Barbanza









