Severino Romero elixido novo responsable do BNG na Barbanza

     BARBANZA> A constitución do novo consello comarcal puxo punto final ó proceso asembleario iniciado o pasado mes de marzo trala Asemblea Nacional.

    {flowplayer}barbanza/novoconsellocomarcalbngbarbanza13.flv{/flowplayer}

    O edil da Pobra do Caramiñal, Severino Romero Davila, será o novo responsable comarcal do Bloque Nacionalista Galego da Barbanza, despois da asemblea comarcal celebrada o pasado mércores en Boiro. O concelleiros pobrense subsitúe no posto ó tamén pobrense Xosé Lois Piñeiro, quen veu ocupando tamén este posto nos últimos anos. A súa candidatura foi a unha única presentada e foi votada maioritariamente polos militantes da formación frestista que asistiron á reunión, xa que só se contabilizaron tres abstencións e ningún voto en contra.

    Nova composición

    Acompañando a Romero Davila na executiva comarcal estarán no número dous, coma viceresponsable comarcal, a boirense Raquel Suárez, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños de número tres e o voceiro do grupo nacionalista de Ribeira, Xosé Antonio Vázquez Cobas de número catro. A lista ata os dez primeiros postos séguena por esta orde: Rosana Perez, Carlos Ansoar, Hadriana Ordoñez, Vicente Paz Carou, Ramiro Oubiña e Dores Torrado.

    Redacción Barbanza