O concello de Ribeira aconsella ós peóns transitar pola dereita en zonas concorridas

RIBEIRA> O concello de Ribeira instalou paneis informativos en varios puntos do casco urbano aconsellando ós peóns que transiten pola dereita. O obxectivo é evitar os cruces nas zonas de maior tránsito.

Ademais de cambiar a nosa forma de relacionarnos, o coronavirus mudou tamén o xeito en que transitamos. Evitamos cruzarnos con moita xente optando por rutas alternativas. Cando non queda máis remedio que transtitar por zonas máis concorridas, o ideal é camiñar pola marxe dereita, tal e como aconsella o concello de Ribeira.

Estes paneis están situados nas principais rúas do casco urbano que rexistran maior afluencia de xente dado que conforman o entramado comercial da vila. Tamén na zona portuaria onde se desenvolve a feira ambulante dos sábados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí