BARBANZA> O BNG da Barbanza súmase á campaña “Basta de aldraxe a Galiza” que os nacionalistas están a levar a cabo en toda Galicia. A través dela, a formación pretende reclamarlle ó Goberno do Estado a rebaixa inmediata nas peaxes da AP-9.
Nun acto reivindicativo celebrado esta mañá na rotonda de Xarás, en Ribeira, o BNG da Barbanza pediu a rebaixa inmediata nas peaxes da AP-9. O acto forma parte da campaña “Basta de aldraxe a Galiza” que a formación está a desenvolver a nivel autonómico para reclamarlle ó Goberno do Estado a aplicación da bonificación do 100% na autoestrada tal e como se acordou no acordo de investidura asinado polo Goberno cos nacionalistas.
Dende o BNG fan unha chamada á veciñanza da comarca a participar na caravana prevista para este próximo domingo en Santiago para reclamarlle o Goberno Central que cumpra co pactado.