Comeza o xuízo pola operación Patas contra o branqueo de capitais

     PONTEVEDRA> Está mañá comezou na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico…

    {flowplayer}images/salnes/xuizo_antonio_carballa.flv{/flowplayer}

    … contra o empresario de Sanxenxo Antonio Carballa Magdalena, a súa muller e a súa filla e o marido desta, e outros dous supostos testaferros da Arousa, os irmáns Jonathan e Diego Prado Padín. Para o principal acusado, que xa conta con varios antecedentes por narcotráfico, – estivo tres veces na cadea por este tipo de delictos- o fiscal reclama seis anos de prisión e unha multa de 10 millóns de euros por un delicto continuado de branqueo de capitais.

    Na vista desta mañá asegurou que os gastos polos que se lle preguntaban puido realizalos grazas ó que obtiña traballando nunha adega, vendendo viño por conta allea e tamén pescando como mergullador. O que si non lembraba era ter escrito unhas anotacións encontradas na súa vivenda onde se recollían unha serie de cantidades de pagos e débedas; chegando a molestarse cando lle preguntaba o Fiscal se volvera a delinquir.

    Outra das acusadas é a súa dona María Luísa, quen xustificou a compra de varias fincas e mesmo dous vehículos de alta gama e outras inversións sempre en metálico grazas ós seus aforros grazas a levar desde o 1974 como empregada do servizo de limpeza do Sanatorio da Merced en Pontevedra; amais de xestionar un leira-parking na praia de Pragueira, en Sanxenxo.

    A terceira en declarar foi a filla Beatriz, quen asegurou que os aforros de seu avó foran a orixe dos cartos cos que fixera ela algunhas inversións, como unha finca en Toledo, tamén en metálico. Amais, era ela a administradoras e socia de varias das empresas cas que a Fiscalía entende que se estaban a branquear os cartos dos negocios familiares. Ela asegura que non afondaba na procedencia dos cartos e presumía a priori que tódolos negocios eran legais e transparentes. O momento máis sensible da vista desta mañá foi a declaración do home desta última, quen non puido soportar a presión e tivo que abandonar correndo a sala. A Fiscalía pide cinco anos de cadea para a nai e a filla e unha multas de 3.6 millóns de euros para María Luísa; e 1.2 millóns para a súa filla Beatriz; a maiores de catro anos para o xenro e os outros 2 veciños do Salnés.

    Redacción Salnés