Un conflito entre pai e filla ameaza con deixar na rúa tres menores

     RIANXO> Un conflito familiar entre pai e filla ameaza con deixar na rúa á rianxeira Arancha Neira e ós seus tres fillos menores.

    {flowplayer}barbanza/ordedesaloxovivendarianxo.flv{/flowplayer}

    A vida de Arancha Neira non foi doada. Tras un pasado marcado polas adiccións e a violencia de xénero conseguiu comezar unha nova vida xunto os seus tres fillos, unha nena de catro anos e dous xemelgos de tres.

    Agora, o conflito co seu pai pola propiedade da casa na que viven na actualidade ameaza con romper esa tranquilidade. En outubro, o pai de Arancha solicitou xudicialmente o desaloxo da vivenda herdada dos seus pais.

    Subhasta pública

    O proceso xudicial resolverase nun prazo máximo de tres meses nos que o inmoble sairá a subhasta. Arancha non ten a onde ir polo que está disposta a seguir pelexando pola que sempre foi a súa vivenda.

    Mentres tanto, esta rianxeira conta co apoio da súa nai e de multitude de veciños que lle axudan a afrontar os gastos diarios.

    O apoio dos amigos e sobre todo a necesidade de manter os seus fillos mantén viva a esperanza de Arancha que confía en que finalmente non se proceda á subhsta pública do inmoble tal como decretou o xulgado de Padrón.

    Redacción Barbanza