O cerco galego reclama unha cota de 750 quilos de xurelo por tripulante e día

BARBANZA> A Federación Galega de Confrarías, a petición da flota do cerco, trasladará a  proposta a Madrid.

Atendendo a unha solicitude presentada polos pósitos que contan con flota do cerco, a Federación Galega de Confrarías vén de trasladarlle ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a proposta dunha cota de 750 quilos de xurelo por tripulante e día para calquera embarcación que faene en augas da nosa Comunidade.

Aínda así, a medida non é firme e deberá ser agora ratificada polo Goberno Central, que é a Administración que ten competencias nesta materia.