Os turistas escollen Sanxenxo en Semana Santa a pesar do mal tempo

SANXENXO> Os turistas elixen a Sanxenxo a pesar da previsión do mal tempo. Segundo o concello, a ocupación hoteleira supera o 85%. Os visitantes sinalan a gastronomía e as paisaxes como o principal reclamo para a súa elección.

Os meteorólogos prognosticaban unha Semana Santa pasada por auga. Pero o mal tempo non foi motivo para que miles de turistas se achegasen a unha das vilas galegas máis reclamadas. A ocupación de Sanxenxo está por riba do 85% e iso se reflexaba na cantidade de viandantes que paseaban esta mañá pola praia de Silgar.

Turistas de toda España e de Portugal escolleron Sanxenxo como destino das súas vacacións.

Son moitos os motivos que levan ós visitantes a escoller a comarca do Salnés.

A gastronomía e a paisaxe destacan como os motivos principais e o tempo non só non é un inconveniente, senón que tamén é un reclamo. Poucas cousas hai mellores que comer un bo marisco gozando dunhas vistas únicas.