O tenis de mesa chega a tódalas parroquias de Cambados

 CAMBADOS> O alcalde Luís Aragunde visitou esta tarde o Centro Cultural de Vilariño, xunto co director xeral de Medio Rural, Antonio Crespo. Ambos comprobaron a posta en marcha dun proxecto de rehabilitación de infraestruturas para desenvolver o deporte do tenis de mesa nas parroquias cambadesas.

{flowplayer}images/salnes/VisitaVilarino_100413.flv{/flowplayer} 

A colaboración do concello de Cambados coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural permitiu levar a cabo este proxecto de rehabilitación de infraestructuras, para desenvolver o tenis de mesa en tódalas parroquias do rural cambadés.

Para dotar estas instalacións foi preciso acondicionar unha sala en cada un dos centros culturais, de Vilariño, Xacobe Castro de Corvillón, Gumersindo Márquez de Oubiña e centro cultural de Castrelo.

Leváronse a cabo obras de acondicionamento para instalación de tarima flotante no chan, pintado da parede e reforzo da iluminación, de maneira que se poida practicar en condicións axeitadas o tenis de mesa.

A iniciativa contou cun investimento de 65.000 euros. A partir de agora o Club de Tenis de Mesa Cambados desenvolverá actividades cos rapaces para inicialos neste deporte. Dende a entidade ven nesta iniciativa unha forma de seguir promocionando este deporte e facer canteira.

Redacción Salnés