O mal tempo condiciona o inicio de campaña en Rianxo

     RIANXO> Tras varios meses parados pola imposibilidade de faenar nos bancos do libre marisqueo, os produtores volveron ó traballo nas súas concesións.

    {flowplayer}barbanza/mariscadoresafloterianxo.flv{/flowplayer}

    Os mariscadores a flote volveron esta semana a traballar nas concesións do pósito rianxeiro tralo peche do bou de vara na ría de Arousa. Os produtores teñen grandes expectativas postas nesta campaña tralos malos resultados da actividade no libre marisqueo que obrigou a moitos mariscadores a acollerse ó paro. Sen embargo, nestas primeiras xornadas o mal tempo está a dificultar os labores de extracción.

    Tamén o colectivo de mariscadores a pé sofre as consecuencias do temporal. As malas condicións do mar dificulta que se acaden os topes, fixados en un quilo de fina e tres de xapónica para estes profesionais.

    Cotizacións aceptables

    É cedo aínda para facer balance pero no arranque da campaña están a acompañar as cotizacións. A ameixa fina roldou os corenta euros mentres que a xapónica de maior calidade achegouse ós dez.

    Malia todo os prezos pouco teñen que ver coas campañas de hai anos no que a ameixa de maior calidade superaba os cen euros. O contexto de crise fixo que estas cotización non se volveran a dar dende hai anos. Inflúe tamén a maior presenza de marisco coa incorporación á campaña dos mariscadores a flote que ten como consecuencia unha caída dos prezos.

    A pesar dos resultados moderados, a maioría dos profesionais son optimistas xa que a actividade permítelles ir gañando un xornal diario. Agora, tan só agardan que o tempo mellore e os prezos se manteñan para que o traballo siga a ser rendible.

    Redacción Barbanza