A Pobra entrega cestas de Nadal ós gañadores do concurso de decoración navideña

A POBRA> O concello da Pobra entregou as cestas de Nadal ós gañadores da primeira edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. Cada un dos lotes estaba composto de produtos da praza de abastos valorados en 400 euros.

Os cinco gañadores de decoración de Nadal recolleron os seus premios nun acto celebrado na praza de abastos. Varios representantes do goberno municipal entregaron as cestas de alimentos, valoradas en preto de catrocentos euros, con produtos adquiridos todos eles nos postos do mercado.

Ademais de embelecer os balcóns e fachadas do municipio, o obxectivo deste concurso é contribuír á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.

En total, participaron no certame 35 vivendas, das que resultaron gañadoras unha da rúa da Atalaia na parroquia do Caramiñal, outra na rúa Cardenal Patiño de Santiago do Deán, outra da Ribeiriña en Posmarcos, unha do lugar das Romeiras en Lesón e outra en Bandaseca no Xobre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí