O Con da Romaíña, un novo pulmón verde para Sanxenxo

SANXENXO> Hoxe celébrase o día meteorolóxico mundial. En Sanxenxo, conmemoraron esta data coa plantación de case 200 árbores, todas elas especies autóctonas. Os nenos do colexio de Nantes foron os encargados dunhas tarefas, que remataron cunha merenda campestre.

As árbores son clave para frea-lo cambio climático e por iso, neste día meteorolóxico mundial, en Sanxenxo quixeron aporta-lo seu gran de area. A localidade acolleu esta mañá a plantación de case 200 árbores na contorna do Con da Romaíña, en Nantes.

As árbores foron plantadas polos alumnos de 5º e 6º de Primaria do colexio plurilingüe de Nantes. Os propios cativos convértense dende hoxe en padriños das árbores. Carballos, cerdeiras, bidueiros ou castiñeiros que, dende hoxe, medran neste espazo e que contribúen, dende o local, a combate-lo cambio climático. A iniciativa foi levada a cabo en colaboración con Albia. A empresa funeraria pretende con esta iniciativa reduci-la súa pegada.

Neste espazo botan raíces 178 exemp lares. Outros tres, tres oliveiras, serán plantada na praciña da capela de Nantes. A xornada de hoxe rematou para a rapazada cunha merenda campastre. Como manda a tradición das boas romarías, na compaña duns gaiteiros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí