Nova polémica ante o pago polo acceso rodado ás rúas peonís

     VILAGARCIA> A maioría dos vilagarciáns acolleu mal a medida de que agora os residentes nas zonas peonís teñan que solicitar, e abonar,…

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_villa_150413.flv{/flowplayer}

    … unha tarxeta, para ter acceso rodado ás súas vivendas. O pago será de 10 euros por tarxeta podendo solicitarse unicamente un par dela por domicilio asociadas cada unha a unha matrícula en concreto. O que para a veciñanza non ven a ser máis que un gravame máis.

    Nesta normativa, que se comezará a aplicar o primeiro de maio próximo non se contempla a exención que se recollera na aprobación da ordenanza aprobada na sesión plenaria do pasado 27 de agosto, e que recollía certa flexibilidade nos permisos de acceso a aqueles que non son residentes permanentes.

    Tamén hai quen dá por boa a medida e, ó tempo avoga por un maior control nesta zona para limitar efectivamente o tránsito rodado polas rúas peonís. Sexa como fora, o executivo local vilagarcián ten na rúa unha nova polémica ca que entreter á opinión pública; de novo en forma de taxas.

    Redacción Salnés