Noia amplía a súa oferta musical co ‘Estival Fest’

NOIA> A música indie será a protagonistas do Estival fest Noia que se celebrará na vila o 25 de xuño. O obxectivo do festival é dinamizar a hostalería ó tempo que terá un fin solidario. Tódolos fondos recadados coa venda de entradas doaranse a Cáritas e Cruz Vermella.

Xa están á venda as entradas para o Estival Fest Noia que achegará ata a vila destacados grupos da música indie con Dorian como cabeza de cartel.

Ademais de a través de ataquilla.com, as entradas pódense adquirir no Gasset, Tamara e Solpor, locais que, ó igual que o resto das asociacións de hostalería do municipio, colabnoran coa iniciativa.

O prezo das entradas será de 5 euros, destinados integramente a Cáritas e Cruz Vermella que agradeceron ó concello a organización deste evento solidario.

O festival conta tamén co patrocinio das Rede Cultural da Deputación da Coruña e da Xunta e Galicia a través do Xacobeo 2021-22.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí