Julián Bustelo asume a presidencia de Barbanza Arousa

BARBANZA> O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, exerce xa coma presidente da mancomunidade Barbanza-Arousa, tras o pleno da entidade no que se oficializou o traspaso de poderes.

Colle o testemuño do seu homólogo de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen ocupou esta cargo durante 2024 no que se afrontaron importantes proxectos como foi a da implantación do sistema de calidade turística, SICTED.

Bustelo asume a presidencia de Barbanza Arousa con importantes retos por diante, entre os que se atopa a desestacionalización e a mellora das súas potencialidades a nivel gastronómico, patrimonial, cultural e medioambiental.

A entidade aproveitará tamén a semana que vén a celebración de Fitur para traballar pola consolidación desta comarca coma un destino turístico apetecible, non só para o turismo de ámbito nacional senón tamén para o internacional.