Os funcionarios esixen dignidade en contra os recortes

     RIBEIRA> Unha ducia de funcionarios do centro de saúde, do ISM e das delegacións de Facenda e Pesca , concentráronse diante do ambulatorio para protestar contra os recortes.

    {flowplayer}barbanza/folgafuncionariosribeira.flv{/flowplayer}

    Portando unha pancarta na que podía lerse’ A dignidade dos empregados públicos’, unha ducia de funcionarios, a maioría traballadores do centro de saúde, así como do ISM e das delegacións de Facenda e Pesca de Ribeira concentráronse diante do ambulatorio para protestar contra os recortes que están a adoptar os Gobernos Central e Autonómico.

    Unha representante dos alí concentrados, Teresa Porrit, fixo referencia a que estas drásticas medidas estanse a converter nun serio e grave problema, non soó para os traballadores públicos senón tamén para o conxunto da cidadanía.

    Redacción Barbanza