RIBEIRA> A concellería de Festexos adiantou esta mañá parte do cartel de cantantes e grupos musicais máis destacados que actuarán este verán na localidade no marco das festas do verán e tamén na patroa.
A primeira das actuacións terá lugar o 1 de agosto na explanada da lonxa vella e incluirá os concertos de Huecco e Galician Army.
A outra data sinalada será o concerto de Kiko Veneno, previsto para o 13 de setembro, coindidindo coa festividade de Santa Uxía, patroa da cidade.
Tódolos concertos serán de balde. Nas próximas semanas a concellería de Festexos irá dando a coñecer máis actuacións, co fin de ofrecer un amplo e variado cartel musical este verán en Ribeira e así atraer a máis visitantes.