BARBANZA> Amicos reabre os seus centros de atención diurna a un 50% da súa capacidade. Se todo marcha con normalidade, a entidade confía en poder ampliar a súa actividade ó 75 % en agosto e acadar o pleno rendemento en setembro.
Amicos viviu momentos complicados durante a pandemia. As súas instalacións estiveron pechadas a cal e canto ca aparición da covid-19. Na súa residencia en Comoxo mesmo algún usuario e traballador resultou contaxiado…aínda que a día de hoxe a situación xa está normalizada.
Durante este tempo as actividades nos dous centros de atención diurna e no centro ocupacional, tanto en Oleiros coma en Comoxo, víronse tamén suspendidas. Pero pouco a pouco están recobrando a normalidade…
Para algúns dos usuarios a actividade no centro xa se botaba de menos…
Aínda así a situación non é igual que antes e tanto os usuarios como os profesionais que traballan nas instalacións deben extremar as medidas de protección e hixiene. É algo ó que deben de acostumarse…
Polo de agora a actividade está a un 50% da súa capacidade, segundo marcan os protocolos da Xunta de Galicia, pero confían en poder ampliar a actividade ó 75% no mes de agosto e chegar xa ó 100% no mes de setembro.