Usuarios de A Misela coñecen a ría de Muros-Noia abordo do Joaquín Vieta

NOIA> Un grupo de usuarios da Asociación A Misela de Persoas con Discapacidade das comarcas de Muros e Noia participou esta mañá nunha viaxe pola ría a bordo do balandro Joaquin Vieta. Para moitos deles era a súa primeira viaxe en barco. A iniciativa foi posible grazas a un convenio de colaboración que a Asociación sen ánimo de lucro Joaquín Vieta asinou coa entidade Caixabank.

Un grupo duns doce usuarios da Asociación A Misela participou esta mañá dunha viaxe pola ría de Noia a bordo do Joaquín Vieta. Para moitos deles era a súa primeira viaxe en barco, polo que a viviron dun xeito especial.

Dende a Asociación sen ánimo de lucro Joaquín Vieta esta é unha maneira de dar a coñecer a cultura e o patrimonio mariñeiro, sen esquecer a beleza desta zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí