Primeira visita da Presidenta da Deputación a Sanxenxo

    SANXENXO> Deputación e Concello de Sanxenxo asinaron esta mañá o novo convenio de reurbanización da avenida Luís Rocafort trala rescisión do contrato coa empresa Dragados que ía a executar a reforma proxectada polo anterior goberno provincial.

     

    A reurbanización da rúa Luís Rocafort, en Sanxenxo xa é unha realidade. Esta mañá a Presidenta da Deputación de Pontevedra e o alcalde da vila asinaban o convenio que permitirá modernizar a arteria principal da vila.

    O novo deseño terá un custe de algo máis de un millón e medio de euros. Un importe superior ao anterior, debido a que se aumentou nun 30% a superficie de actuación, que agora abarca a totalidade da rúa. Segundo o alcalde Gonzalo Pita, as obras comezarán despois da tempada estival. 

    O prazo de execución previsto é de uns 12 meses. Ademais o proxecto inclúe tamén a conexión coa estrada autonómica PO-308, polo que se descarta a opción de construír un túnel como considerara o anterior goberno provincial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/depo_sanxenxo_rocafort_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/28/depo_sanxenxo_rocafort.mp4{/flowplayer}