O concello de Noia adquire unha nave en santa María de Roo para diversos usos municipais

NOIA> Acompañamos ó alcalde, Santiago Freire, durante a visita realizada á antiga nave de carpintería que o Concello vén de adquirir en Santa María de Roo.

A súa intención, despois de acondicionala, será destinala a aulas de formación, para o obradoiro de emprego, e tamén como almacén para uso municipal.

A compra dese inmoble permitiralle ó Concello dispoñer dunhas instalacións propias para almacenaxe, o que posibilitaría deixar o alugueiro que paga actualmente por unha nave en Portobravo.

Xunto á nave, o Concello tamén adquiriu unha serie de parcelas neste entorno que lindan co antigo campo de fútbol de Santa María de Roo que tamén serán acondicionadas para crear alí unha área de esparexemento.