POBRA> Nun control, os axentes lograron requisarlle diversas susbtancias estupefacientes cun valor no mercado de máis de mil euros.
Trátase dun veciño da localidade de 34 anos. Os axentes, que realizaba un control de estrada, atopáronlle no seu vehículo unha bolsa con diferentes cantidades de droga: dezaseis gramos de cocaína, dous gramos e medio de heroína e preto dos cinco gramos de haxix. Todo preparado e listo para a súa distribución e venda. No rexistro do vehículo tamén lle atoparon uns 342 euros en metálico. O detido xa pasou a disposición xudicial no Xulgado de garda de Ribeira.
Os axentes do Instituto Armado procederon tamén á detención en Muros dun individuo que estaba en busca e captura por quebrantamento dunha orde de afastamento ditada por un Xulgado da Coruña. Ó parecer viaxaba na compaña precisamente da súa parella sentimental. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e de Garda de Muros.