A APP Orcinus rexistrou 150 avistamentos de candorcas en menos de medio ano

MUROS> Dende a súa posta en marcha no mes de xaneiro, a aplicación impulsada pola Xunta para o reducir as interaccións coas candorcas rexistrou 150 avistamentos. A Conselleira do Mar fixo balance deste medio ano de funcionamento nun acto cos representantes das asociacións náuticas celebrado en Muros.

A aplicación Orcinus, impulsada polo goberno galego en colaboración co BDRI do Grove e o proxecto Nautilus para reducir as interacción con candorcas e mellorar a seguridade na navegación rexistrou xa 150 avistamentos en menos de seis meses. Esta ferramenta móbil conta na actualidade con 2700 usuarios de máis de 40 países que achegan información precisa sobre a xeolocalización dos animais.

Neste case medio ano de funcionamento téñense incorporado importantes melloras na aplicación como a ampliación do radio máximo para recibir notificacións de 50 a 100 quilómetros ou a compatibilidade con varios sistemas operativos.

Trátase dunha ferramenta aberta a tódolos navegantes polo que dende a Consellería fan un chamamento a incorporar novos usuarios que poidan achegar información para conformar unha besa de datos precisa que permita ós investigadores realizar os estudos que aportarán maior seguridade no mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí