O GROVE> O Obradoiro de hostalería organizado pola Mancomunidade de O Salnés, clausurou este luns a súa sétima edición, no centro vacacional de A Lanzada, no Grove. Nesta ocasión, foron 22 os alumnos que recolleron os títulos que os acreditan como profesionais da hostalería.
A Mancomunidade de O Salnés en colaboración coa Xunta de Galicia desenvolveu o IIV Obradoiro de Hostalería do Salnés. Unha actividade na que participaron 22 alumnos, que se formaron en operacións básicas de cociña, restaurante e bar. Unha formación que dura uns 6 meses, e pola que ademais os participantes perciben, ao tempo que se forman o Salario Mínimo Interprofesional, de 641,40 euros mensuais.
O acto de clausura celebrado no centro vacacional de A Lanzada asistiron alcalde O Grove, José Antonio Cacabelos, o Presidente da Mancomunidade do Salnés en funcións, Gonzalo Durán e Conselleiro de Economía e Emprego, Francisco Conde, quen sinalou que este obradoiro é moi positivo, porque se centra nunha das principais actividades económicas da comarca; o turismo.
Os datos deste obradoiro falan por si mesmos, xa que dos 22 integrantes, 19 xa teñen firmado un contrato laboral para os vindeiros meses, o que demostra unha inserción laboral do 90%.
Esta actividade, que se ven desenrolando dende hai sete anos, clausurou a que, previsiblemente será a súa última edición no concello de O Grove, xa que o curso que ven comezará a facelo na vila de Sanxenxo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/clausura_obradoiro_lanzada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/clausura_obradoiro_lanzada.mp4{/flowplayer}